Tag Archives: Oleiros Tradicionais/Traditional Potters

Tracing the Potter’s Wheel

Just a quick post to encourage all of you to have a look at the first of I hope many episodes on the work of a fantastic research group I hope I could be collaborating with in the future: Tracing the Potter’s Wheel.
Like and subscribe, because I am sure they will be featuring very interesting stuff!

 

 

 

 

Pote Calcolítico / Calcolithic pot

Outra entrada na bitácora sobre os experimentos en cerámica que estou a realizar pra miña tese de doutoramento. Neste caso vos presento unha serie de fotografías que tomei mentres traballaba na réplica dunha cunca con decoración calcolítica. A peza está feita a man, coa base creada a base de beliscos e a parte superior con rolos de arxila. A decoración consta de tres bandas incisas e a cocción fíxena nunha fochanca chea de tizóns na que soterrei a cunca. O lume o preparei por riba da fochanca, e as brasas resultantes quentaron e coceron o pote durante unhas seis horas (English version below).

Calcolithic1
Cunca antes de ser cocida / Bowl before firing.

Continue reading Pote Calcolítico / Calcolithic pot

Oleiro da India / Indian potter

A próxima entrada sobre SIX está a levar un tempo, así que namentres o remato desfrutade doutro fantástico vídeo sobre olería tradicional. Neste caso podedes admirar a incrible habilidade deste oleiro da India. A parte máis espectacular, sen dúbida, trátase do uso dun torno tradicional que non necesita nin do uso do pé nin a axuda dun aprendiz; simplemente inercia. Se coñecedes algo sobre as placas de Penteskoufi ou a representación de traballos cerámicos na antiga Grecia recoñeceredes coma o tamaño do torno e a posición do oleiro son moi similares. Outro gran exemplo da importancia dos estudos etnográficos na arqueoloxía (English version below).

Continue reading Oleiro da India / Indian potter

Chawan, cunca pro té xaponesa/Japanese tea-bowl

Outro breve entrada e outra pequena xoia que atopei en Youtube. Esta vez temos un fantástico vídeo sobre olería xaponesa. Podemos ver o proceso completo de manufactura dun chawan, unha cunca pra té xaponesa, dende os primeiros pasos da forma ate a cocción raku. Inda que todo o proceso é fascinante e o “afriamento” tan típico do raku sempre crea resultados espectaculares, a parte máis interesante de todo o vídeo acontece xusto ó principio. Observade como o oleiro usa a torneta pra beliscar cara arriba as paredes da cunca. É un dos mellores exemplos visuais que vin da diferencia entre tornear e formar no torno. A torneta non é un torno, e non é usada coma tal no vídeo. Pero a forma na que o torno é suavizado e rebaixado cun movemento circular e regular na torneta pode ter coma consecuencia unhas cunca similar ás dun pote feito a torno (English version below).

Continue reading Chawan, cunca pro té xaponesa/Japanese tea-bowl

Cerámica Africana /African Pottery

          Un post rápido para presentarvos un vídeo que atopei en Youtube sobre produción cerámica tradicional en África. Trátase do traballo dun historiador da arte especializado no tema que explora toda a secuencia de manufactura, dende a recollida de arxila ata a cocción. Inda que non é un documento estritamente antropolóxico, creo que merece a pena velo, por curiosidade ou coma un recurso moi interesante sobre o que reflexionar se vos dedicades ós estudos cerámicos (English version below).

Continue reading Cerámica Africana /African Pottery