Filmes e Arqueoloxía (I). A Furia dos Titáns (1981):

Se algunha vez tendes visto unha foto miña nalgún perfil dixital teredes pensado: – Ben, xa o pillo. Viu Indiana Jones de cativo e quixo ser arqueólogo. Hai unha grande polémica ao redor destes filmes arqueolóxicos e do peplum, e como a disciplina e o pasado móstranse neles. Os críticos teñen razón nalgúns casos, pero eu tendo a adoptar unha posición máis neutral. Un traballo de ficción é simplemente iso, ficción. Pode ser mellor ou peor, pero se non engana o espectador pretendendo ser un documental, eu non vexo o problema. Creo que estes filmes poden incluso xogar un papel importante no acrecentamento do interese polas sociedades do pasado. Este é un debate longo e complicado, e non pretendo poder arranxalo eiquí completamente. Só quero presentar algúns dos mellores filmes que creo representan o mellor desta tradición cinematográfica, e que ben poden ser entretidos, ficción, pero tamén unha boa forma de acercarse ó pasado.

Por certo deixádeme dicirvos de que estabades trabucados. Inda que penso que a saga de Indiana Jones é xenial, ata A Caveira de Cristal por motivos que explicarei no futuro, estes filmes non son a orixe do meu amor pola arqueoloxía. Todo comezou cando tiña oito anos, e vin por primeira vez A Furia dos Titáns (The Clash of the Titans, 1981) dirixida por Desmond Davis. O heroe loitando contra monstros nun cabalo alado disparou a miña imaxinación, e levoume menos dun ano ire dende a lectura de libris sobre a mitoloxía grega a concluír, de forma bastante infantil, que a arqueoloxía era o mellor porque che permitía “tocalas cousas do pasado”.

Este filme ten un gran significado pra min e é por iso que decidín comezar esta sección con el. A Furia dos Titáns pertence a un xénero chamado neomitoloxismo, non exactamente o máis coñecido peplum, senón unha narrativa fantástica na que a fonte principal son variacións dos mitos gregos. Este estilo narrativo comezou ao mesmo tempo que o peplum, có clásico Hércules de Steve Reeves (1958) e desapareceu a finais da década dos sesenta. A Furia dos Titáns foi unha especie de canto de cisne tardío, bendicido pola maxia do stop-motion de Ray Harryhausen (paradóxicamante tamén esta foi unha das últimas películas en utilizar esta tecnoloxía). Harryhausen estaba detrás doutro clásico do xénero, Xasón e os Argonautas (1963), que tamén aparecerá pronto nesta bitácora. En certos aspectos o filme pertence maís a tradición de espada e bruxería que á do peplum, nun período no que o primeiro gañaba forza; Conan o Bárbaro estrearíase no ano seguinte.

Se non tendes visto este filme, por favor facédeo. Non vos quero desvelar toda a trama así que moi brevemente indicarei a historia: Perseo, fillo de Zeus e Dánae, ten que matar a Medusa pra salvar á princesa Andrómeda do kraken, enviado polos deuses pra castigar a hybris da raíña Casiopea. A meirande parte da trama ben dos mitógrafos gregos, e inda que Pegaso non debería de aparecer ata o final da historia (Pseudo-Apollodorus, Bibliotheca 2. 42-44) existe de feito unha versión tardía do mito por parte de Lactancio contaminada máis tarde na idade Media e no Renacemento que describe a historia en termos moito máis semellantes ao filme. Mais non creo que os guionistas estean a seguir un ou varios mitógrafos en concreto. Creo que a composición é máis visual e baseada en artistas como Boccaccio, Corneille or Picault, que se inspiran na historia de Lactancio. Outros elementos, especialmente Calibos e o fantástico Bubo, son creacións orixinais do filme.

k241n
Perseo e Pegaso por Picault.

Entre os actores principais atopamos a Harry Hamlin coma Perseus, Judi Bowker coma Andromeda, Burgess Meredith coma Ammon e Siân Phillips (Livia in I, Claudius) coma a raíña Cassiopeia. Entre os deuses, facianas famosas coma Laurence Oliver en Zeus, Maggie Smith coma Thetis oi Ursula Andress, nena Bond e raíña inmortal , coma Afrodita. A actuación no filme ten sido criticada, o que é bastante normal neste tipo de filmes de aventuras, pero a pesares de que os actores non nos ofrecen os seus mellores papeis creo que contribúen ben ó filme. Sempre gustei das personaxe de Ammon, con fases coma “Eu era partidario da traxedia na miña xuventude. Iso foi antes de que a experiencia me ensinara que a vida xa era suficientemente tráxica coma para que tivera eu que escribir sobre ela. O guión foi escrito por Beverley Cross e Laurence Rosenthal compuxo a banda sonora. Finalmente, e coma pregunta de Trivial, seguro que os máis familiarizados cós estudos clásicos recoñecerán os templos de Paestum coma a gorida de Medusa.

medusa
Medusa na súa gorida.

A Furia dos Titáns non é o mellor filme do cinema, nin falta que lle fai. Pero si é unha obra entretida, de esas de sofá de domingo pola tarde, que non engana pretendendo educar, porque non é un documental, pero que si pode despertar en nós a gañas de saber máis, de coller un libro e lelas mesmas historias e as vidas dos cas escribiron. E iso é un potencial que os que amamos a arqueoloxía deberiamos de apreciar máis. O filme libera ó kraken e tamén ó arqueólogo que levas dentro!

Advertisements

One thought on “Filmes e Arqueoloxía (I). A Furia dos Titáns (1981):”

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s