Filmes e Arqueoloxía (III) Xasón e os Argonautas (1963):

Esta ten sido unha semana moi longa, así que ¿que mellor plan que outro filme de culto pra desfrutar unha tarde de domingo na casa? Tras A Furia dos Titáns e A Momia, retornamos to cinema en cor e ao traballo de Harryhausen no filme que el considerou selo seu mellor traballo, Xasón é os Argonautas.

Pra todos aqueles non familiarizados có mito, esta é a historia de Xasón, o lexítimo pero deposto príncipe de Iolcos, na súa procura do Vélaro de Ouro na fin do mundo, que neste tempo era a semi-mítica terra da Cólquida (que algúns investigares sitúan hoxe en Xeorxia). Esta aventura é coma un reencontro de estrelas do panteón mítico grego, incluíndo Herakles, Peleos, Butes, Cástor e Polideukes, Calais e Thetes, Meleagro, e a única femia do grupo, Atalanta. A tripulación varía con cada versión do mito, pero é claro que se trata da maior aventura dos mitos gregos antes da Guerra de Troia.

O filme data do ano 1963, dirixido por Don Chaffey, e producido por Charles H. Schneer, có actor Todd Armstrong coma Xasón, inda que foi dobrado por Tim Turner, Nancy Kovack coma Medea, dobrada tamén, neste caso por Eva Haddon, Niall MacGinnis coma Zeus e Honor Blackman no rol de Hera, unha actriz máis coñecida polo seu papel de Pussy Galore en 007 Goldfinger. E por suposto, coma era común neste tempo, un bo número de actores secundarios non con moitas liñas pero con facianas que atopamos unha e outra vez neste xénero de cinema.

Esta é unha historia que tívome sempre fascinado por diferentes motivos: a aventura, a misión na fin do mundo, e especialmente, ¡ten un barco! Esta é o ciclo heroico máis marítimo de todos, e pra aqueles que me coñecen esa é unha cousa bastante seria. Outro tema que me fascina é o forte criticismo que a figura de Xasón recibe. Recordo defendelo nunha clase de literatura grega onde era definido coma un bo-pra-nada que dependía enteiramente doutros pra alcanzar os seus obxectivos, especialmente de Medea que parece facer todo o traballo duro. É completamente certo que grazas a Medea Xasón é capaz de recuperar o Velano de Ouro, pero nunca entendín porqué é sempre considerado un niñato malcriado. De feito non é un semideus, así que non ten a forza de Herakles o a invulnerabilidade de Aqulies. Outros heroes coma Perseo ou Belerofonte só triunfan porque teñen axuda de seres divinos, e non podes esquecer que Medea, a pesares de ser mortal, e unha meiga moi poderosa. Creo que tristemente esta visón se debe a presenza de sentimentos no relato. A mellor e máis completa versión do mito é A Argonaútica de Apollonios Rhodios (primeira metade do século III AEC. O período Helenístico é un tempo de grandes transformacións na literatura grega, e as obras adquiren un toque máis persoal. Creo que o Xasón de Apolonios reflexa nin máis nin menos o estilo do período, onde os heroes non teñen que ser máquinas de matar. Esta é por suposto a miña interpretación do poema, pero creo que a perspectiva xeral que se ten non só faia en entender no contexto no que o traballo se produzo senón que tamén limita o rol que xoga Medea, nunha interpretación bastante misóxina do mito: Xasón é tan patético que necesita que lle axude unha muller. Non creo que isto sexa o que Apolonios tiña en mente.

jason talos
Os Argonautas fuxindo de Talos.

De volta no filme, un dos maiores problemas pra tratar coa Argonautica é como explicarlle á audiencia que Herakles (Hércules na súa versión latina) debe abandonala expedición incluso antes de cruzar cara o Mar Negro. Non se espera que o gran heroe da mitoloxía grega, a lo menos o máis coñecido pro público, debe marchar in medias res. A secuencia de Talos faise dalgunha forma confusa e excesivamente longa, pero ¡vaia efectos visuais! Recordade que se trata dun filme do ano 1963, e os efectos visuais son obra do artesán e xenio Ray Harryhausen, cuxo traballo xa vimos noutro clásico coma A Furia dos Titáns. A meirande parte do traballo foi eito en stop motion, e a pesares das décadas que nos separan o seu traballo é simplemente incrible. A secuencia de Talos collendo o barco é boa, coma as harpías caen na rede, moi boa, o dragón protexendo o velano incrible. Pero a loita cos esqueletos é o traballo de un xenio. A secuencia levou tres meses de traballo, e creo que aínda é unha imaxe icónica moita xente recorda da súa infancia, incluso se non recordan o filme.

a

Jason skeletons
A loita cós esquéletos, probablemente a secuencia máis coñecida do filme.

Simplemente comparade os efectos visuais cós doutro filme de Xasón e os Argonautas do ano 2000. O uso da computadora resulta moi moderno, pero carecen de “realidade”, de “fisicalidade” que só a stop-motion logrou. Sabes que dragón é só un modelo, pero sabes tamén que podes tocar ese modelo.

Outro gran recurso deste filme é o papel que os deuses do Olimpo xogan no filme, un secundario pero importante escenario. A idea de Zeus e Hera xogándose nun taboleiro os asuntos humanos é unha das formas máis orixinais que recordo pra integrar os deuses na narrativa.

jason gods
Os deuses do Olimpo xogando no taboleiro dos asuntos humáns.

Unha cousa que me fascina sempre deste filmes é que parece que non poden evitar a escena do misterioso é exótico baile. No caso de Medea realizando o que parece unha danza extática no templo de Hécate, con movementos de cámara que semellan suxerir algún tipo de ritual narcótico. O uso de drogas psicotrópicas é unha constante a lo menos na versión do mito de Apolonios, así que curioso coma é, parece que a escena non está tan for a de contexto.

¿Podemos considerar isto unha película peplum? Os filmes gregos, especialmente os mitolóxicos, normalmente encaixanmellor nas categorías de aventura e fantasía. A narrativa do mito é adaptada ó tempo no que foron feitos, especialmente neste caso a supresión do erótico episodio de Lemnos. Pero a pesares disto creo que este filmeaínda lle da as personaxes femininas un rol moi importante, sempre un paso por diante das personaxes masculinas. Os homes fan as súas matanzas e tal, pero Hera e Medea son as que moven os fíos.

Antes de rematar esta entrada un par de cousas que mirar se vos gusta esta historia. A primeira é Atalanta, unha serie de comics polo autor belga Crisse, máis coñecido quizais por A Espada de Cristal. Relata a historia da heroína Atalanta dende a súa infancia ata a súa participación na recuperación do Velano de Ouro. A serie inda continúa e inda que é un pouco difícil atopar información editorial sobre as publicacións, é un imprescindible na túa colección de cómics. Ten un spin-off chamado A Odisea de Atalanta, pero tes que ler francés pra poder desfrutalo.

Atalanta-Cover

A segunda é unha cousa bastante geek. Fai algún tempo atopei un xogo que che permite vivir a túa propia aventura navegante. (Your Name Here) and the Argonauts, ese é o nome do xogo, é un xogo gratuíto do 2012 que che permite reunir unha tripulación, loitar contra monstros e recuperar tesouros. Sinxelo de aprender, de xogar e, o creades ou non, sinxelo de rexogar, xa que ti e os teus inimigos subides de nivel con cada vitoria. ¡E é gratis! Segue a ligazón e descárgao.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s