Un novo comezo pra Archaeostuff

Cando comecei esta bitácora escribira que quizais non era o mellor momento pra facelo, sobrepasado coma estaba por escribila miña tese. Vaites! Acabou sendo verdade. Inda que desfrutei moito traballando nela, os últimos meses de traballo na miña tese foron simplemente demasiado duros, demasiado estresantes pra adicar un segundo a esta bitácora. Afortunadamente, todo iso queda xa atrás, e agora non son só Dr. Emilio Rodríguez Álvarez, pero teño tempo de novo, entre un millón de solicitudes de becas postdoctorais e publicación de artigos, pra retornar a estas páxinas.

Ter sido un estudante da School of Anthropology, University of Arizona, foi unha experiencia intensa pero tamén fantástica. A pesares do pequeno gran problema de que esta universidade está localizada na parte oposta do mundo, é un gran lugar pra ser arqueólogo. Pra aqueles e aquelas non familiarizados coa arqueoloxía en America (o continente, o país son os Estados Unidos), eiquí a arqueoloxía é considerada unha subdisciplina da antropoloxía, xunto con antropoloxía sociocultural, antropoloxía lingüística, e antropoloxía biolóxica. Moi diferente do concepto europeo de arqueoloxía coma ramaxe da historia. Na miña experiencia ter sido exposto a ámbalas dúas foi fantástico.

Arizona-001
Emil Haury Building. School of Anthropology, UofA

Así que, de que vou escribir agora? Ben, estou a preparar un par de artigos sobre os resultados da miña tese, así que agardo poder compartir moi pronto os meus resultados, especialmente aqueles relacionados coa redefinición do proceso de manufactura da cerámica corintia. A miña investigación en mergulladores na antigüidade tamén ten progresado bastante, ata o punto de que agardo poder comezar unha nova serie sobre o tema. Falando de series, a que trataba sobre o cinema e a arqueoloxía foi moi divertida de escribir, e neste último mes teño aumentado o numero de rarezas vistas, así que outro candidato pra lista. Este último ano e medio ten sido tamén o do descubrimento dos podcasts. Un novo teléfono e a imperiosa necesidade de distraerme da tese fíxome descubrir unha serie de programas de arqueoloxía e historia que non son só moi educativos senón tamén moi divertidos. E finalmente, porque supoño que nunca canso de facer tolerías sen sentido, vouvos presentar un xogo que teño creado usando unha linguaxe de programación chamada Scratch. Teño a intención de que chegue a ser o meirande test de arqueoloxía, acompañado dun toque retro pola súa arte pixelada. Eiquí tendes un par de imaxes do xogo que agardo circular moi pronto!

Benvidos de novo a Archaeostuff!

cover
Cover Archaeoquiz
question_1
Question of Archaeoquiz

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s