Filmes e Arqueoloxía (IV): The Flying Serpent (1946)

Apetecíame moito facer outra análise sobre un filme antigo de arqueoloxía e dinme de conta, quizais un pouco tarde de máis, que é moi difícil escribir nesta sección da bitácora sen facelo dunha momia. Isto activoume a curiosidade e prometo que nalgún momento no futuro farei algo de estatística nisto; namentres deixade que aproveite a miña saudade do Southwest e comente un filme que ten lugar en New Mexico.Poster_of_the_movie_'The_Flying_Serpent'

The Flying Serpent é un filme de horror do ano 1946 (xa veredes o boneco monstruoso) dirixido por Sam Newfield, e protagonizado por George Zucco, Ralph Lewis, Hope Kramer, e Eddie Acuff. Os nomes pode que non vos soen de nada, pero se sodes fans dos filmes antigos recoñeceredes o malévolo científico George Zucco coma o Moriarty da excelente The Adventures of Sherlock Holmes (1939), confrontado o Sherlock Holmes de Basil Rathbone, e varios filmes de horror e aventuras tales como The Cat and the Canary (1939), The Mummy’s Hand (1940), The Mummy’s Tomb (1942), The Mummy’s Ghost (1944) ou Tarzan and the Mermaids (1948). Unha estrela do xénero.

A acción ten lugar en San Juan, New Mexico, e o próximo xacemento de Aztec Ruins onde un malévolo arqueólogo (esta vez non somos os bos/boas, pra variar) agocha pra si o tesouro perdido de Montezuma e asasina a todo aquel que se achegue a ese tesouro por medio dunha serpe emplumada. Pode ser unha sorpresa pra vos, se non estades acostumados á rexión suroeste dos Estados Unidos, atopar unha referencia a un xacemento azteca en New Mexico. Hai unha cidade chamada Aztec no área e incluso un monumento nacional (onde o tesouro está agochado) chamado Aztec Ruins… O que pasa é que non ten nada que ver cós aztecas (eu prefiro usalo termo mexica). Este xacemento arqueolóxico, que é real, foi un lugar de habitación dos antergos dos nativos Pueblo, datado entre o século XI e XIII CE. Sen embargo, na infame tradición de desprezalos logros das culturas nativas, os colonos brancos que se asentaron no século XIX asignaron as estruturas ós aztecas. O nome, sen embargo, non foi suficiente pros produtores do filme, que crearon pirámides mesoamericanas de pega pro fondo dalgunhas das tomas no xacemento.

Aztec_Ruins_National_Monument_by_RO
Ancient Puebloan structures of Aztec Ruins National Monument.

A serpe emplumada era unha entidade supernatural e entidade en moitas relixións mesoamericanas. Era chamada Quetzalcoatl polos mexicas, Kukulkan polos Maias iucatecos, e Q’uq’umatz e Tohil polos maia K’iche’. Atopamos representacións desta serpente na cultura olmeca (c.1400-400 BCE) e en Teotihuacán, onde atopamos o templo da serpe emplumada (datado no 150-200 BCE). O mexica Quetzalcoatl era unha deidade do vento e a chuvia, dador de coñecemento, inventor dos libros e estaba asociado co planeta Venus. Inda que diferentes ritos de sangue eran practicados por varias culturas mesoamericanas, todo este transfundo de vampiro-chuchasangue non ten nada que ver, ata onde eu sei, có culto deste deus.

O filme inda ten ese sabor das historias pulp do período de entreguerras, e inda que este non é un dos mellores filmes do xénero, e unha forma entretida de pasar unha tarde de domingo. Se tes libres 58 minutos e necesitas un respiro, podeste entreter con este duelo entre arqueólogos, ornitólogos, periodistas e, sobre todo, o xerif local.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s