Lechaion Harbour Project (galego)

Mentres preparaba outra entrada sobre software libre e arqueoloxía decidín coller algo de tempo e presentarvos outro proxecto fantástico: o Lechaion Harbour Project. O mellor dos proxectos que non só son fantásticos senón que tamén adican mito esforzo, e moi necesario, á divulgación pública é que non necesitas traballar moito na túa bitácora. ¿Pra que, se xa nos proporcionan un material incrible e videos e fotos moi informativos? E por iso que só inclúo un breve texto e comentarios sobre os videos que teñen subido na rede. Pero non bos preocupedes, porque ó final desta entrada podedes atopar tódalas ligazóns que coñezo ós seus materiais.

lechaion-1
Os arqueólogos Konstantina Vafeiadou e Matej Školc retiran unha columna.

O proxecto é un esforzo conxunto entre a Universidade de Copenhague e o Eforado de Antigüidades Subacuáticas, có apoio da Fundación Carlsberg. En tres campañas de traballo teñen explorado as areas interiores e exteriores do porto, delineando varias canles e catro bacias do porto. Tras este parágrafo podedes atopar dous videos sobre as actividades de este proxecto. Se non estades familiarizados coa arqueoloxía subacuática, vos suxiro que prestedes atención a un par de cousas curiosas. Unha, por exemplo, é que os mergulladores non usan aletas. A area de escavación non é moi profunda, e os achádegos son moi delicados, así que mergullarse sen aletas é unha boa opción que evita mover moita area do fondo mariño. Recordade que en calquera proxecto subacuático tedes sempre mergulladores de seguridade que se aseguran que todo está en orden. Outra cousa que ó mellor non vos chama moito a atención pero que é extremadamente espectacular é o ben preservada que está a madeira. Podedes vela lonxitude das pezas preservadas neses caissons? Espectaculares, sobre todo tendo en conta as condicións da costa na que se atopan.

Por favor asegurádevos de revisar tódalas ligazóns listadas máis abaixo e premer “Gústame” na súa páxina de Facebook pra estar ó tanto de todo o que pasa neste proxecto….sempre ofrecen novas e incribles fotografías do seu traballo!

lechaion-2
A conservadora Angeliki Zisi traballando na estabilización dos restos de madeira.

Páxina de Facebook:

https://www.facebook.com/LechaionHarbourProject/

Artigo no Archaeology Magazine:

http://www.archaeology.org/news/5153-161221-ancient-harbor-lechaion

Artigo na University of Copenhagen:

http://humanities.ku.dk/news/2016/archaeologists-connect-ancient-corinths-inner-and-outer-harbours/

Artigo en Futurity:

http://www.futurity.org/lechaion-corinth-harbor-1323682-2/

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s