Filmes e Arqueoloxía (II): A Momia (1932)

Hoxe vos presento outro filme na serie sobre arqueoloxía e o cinema, o clásico de 1932 A Momia. Se estades acostumados a ver moitos filmes sobre aventuras e arqueoloxía recoñeceredes facilmente as estéticas do xénero: exotismo, roupas de cor area, o vello sabio, a doncela en apuros e o xove atondado que parece selo heroe pero que a meirande do tempo parece non ter nada no maxín….

A Momia pertence ó xénero dos filmes de horror (polo menos de hthe_mummy_1932_film_posterorror pro seu tempo) producidos orixinalmente coma serie-B pola Universal que de feito salvaron a compañía da bancarrota. O primeiro filme nesta serie foi outro clásico do cinema Drácula, con Bela Lugosi no papel principal. Para A Momia Boris Karloff, outro mito do xénero, deu vida o monstro principal. Se vos gusta a historia da arte e o cinema clásico de seguro que recoñeceredes a grande influencia do expresionismo alemán no filme, cós planos de gran contraste e o silenzoso actuar da momia, con todos eses tensos xestos nas mans e a faciana. De feito, o director deste filme foi ese xenio do cinema chamado Karl Freund, un dous máis innovadores directores de fotografía da historia e responsable da fotografía de clásicos coma Metrópolis de Fritz Lang (1927) e Drácula de Tod Browning para a Universal (1931).

Non me gustan spoilers, pero vos suxiro que prestedes atención a escena da resurrección da momia ó comezo do filme (non é un segredo que a momia necesita resucitar pra que o filme teña sentido…). Apreciade a falta de música, de feito ningún son, o ángulo da cámara, o lento e inevitable movemento da man, a tensión que cree… Nun cine que cada vez necesita máis de efectos especiais e mares de sangue pra alterar o espectador creo que, só por esa escena, este filme é unha obra de arte.

the_mummy_boris_karloff_1932
¿Pero que pasa coa arqueoloxía? Ben, o creades ou non xoga un papel moi importante máis alá da narrativa do filme. Debedes recordar que polo 1932 o fenómeno da Exiptomanía que comezara con descubrimento da tumba de Tutankamón por Howard Carter en 1922 estaba xa moi asentado. A readaptación da arte exipcia no Art Nouveau é un fenómeno ben estudado, e este filme dalgunha maneira bebe das mesmas augas. O filme contribúe oito a crear a imaxe popular na que os arqueólogos foron representados nos medios: un explorador académico en terras exóticas que se querer resucita un mal antergo que debe ser vencido atopando algún antigo e esotérico coñecemento. Nada novo baixo o sol

O éxito deste filmes iniciou unha serie de secuelas sobre a momia que continuaron de forma bastante irregular a liña argumental da primeira, desafortunadamente decrecendo na cualidade. Dous dos máis famosos remakes, que incluían a resurrección de Imhotep e o amor perdido do pasado, son A Momia (1959) de Terence Fisher para a Hammer films, con fantásticas actuacións de Christopher Lee, un bó Drácula e mellor Saruman, como a momia, e Peter Cushing, para a meirande parte de vos Grand Moff Tarkin pero na miña opinión o mellor Sherlock ata a chegada de Benedict Cumberbatch; e A Momia (1999) de Stephen Sommers para a Universal, con Arnold Vosloo como a momia, Brendan Fraser, e Rachel Weisz, unha personaxe feminina moito mellor cá dos filmes anteriores e a intelixencia detrás da aventura. No reinicio da saga de monstros da Universal que comezou con Drácula: A Lenda xamais Contada (2014) atopamos unha Momia anunciada pro ano 2017, cun caro reparto e un trailer que parece afastarse moito dos filmes clásicos.

¿Deberiades ver este filme? Dende logo. É parte da historia do cinema e o traballo de Freund e Karloff son soberbios. ¿Que pasa coa arqueoloxía? Ben, é un transfundo máis que o motor da historia, coma sucede en moitas ocasións. Pero se es un devoto do traballo de campo coma min encantarache o campamento, as tendas de campaña, as pequenas caixas de achados… E debo engadir que a defensa dos pequenos achados que fan contra o ouro e os grandes descubrimentos é algo que, par a nosa vergoña, inda algúns arqueólogos non entenden.

 

 

Advertisements

One thought on “Filmes e Arqueoloxía (II): A Momia (1932)”

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s