Feitos Alternativos: Un Campo de Batalla Arqueolóxico

En tempos recentes a política dos Estados Unidos ten motivado unha preocupación global nos efectos na nosa sociedade polo que ten sido chamado Feitos Alternativos. Basicamente mentiras. Que os gobernos mintan é unha constante histórica; non se pode dicir moito máis diso. Pero o que estamos a confrontar eiquí non é a ocultación ou rexeitamento de feitos. É a máxima, a profunda crenza por algunhas persoas de que existe outra realidade baseada nas súas opinións é que resulta igualmente válida. Confuso, non é? Clarifiquemos algúns conceptos primeiro, pra saberes de que estamos a falar.

donana-atlantida-imagen--620x349
Recreación da Atlántida no Parque Nacional de Doñana. Photo credit NatGeo.

O que estamos a discutir eiquí non son opinións, isto é, interpretacións de feitos baseadas en coñecemento persoal, experiencias, e tamén prexuízos. Imaxinemos que hoxe está a chover fora e que a temperatura máxima é de 12ºC. Se ti es coma min este será un bo día, xa que esta temperatura no norte non é demasiado mala. Pero para outros amigos e parentes que tamén son do norte dirán que é un día horrible, xa que odian a chuvia e 12ºC non é precisamente verán. Pero se ti es dun lugar árido o mellor adoras ver chover, mentres que se es islandés farás mofa da xente que se queixa de frío con 12ºC. Todas estas son opinións persoais, e resulta perfectamente ben sentir sobre este día de chuvia coma che apeteza, pero eiquí está o truco, ninguén dirá que non está a chover (está a caer auga do ceo) e que a temperatura está por enriba da conxelación pero non está a derretilo asfalto. A chuvia e a temperatura son feitos, non opinións.

Estamos agora nun escenario internacional no que non importa se está a chover, a pesares de canto dato sobre pluviómetros, fotografías, videos, testemuñas… e todo canto queiras poidas ter. Alguén virá cós feitos alternativos dicindo que estades a desfrutar dun precioso día soleado, e a opinión desta persoa ten a mesma validez que tódolos datos que poidas xuntar. Non sempre estamos dacordo os uns cós outros no mundo académico, e os debates e as diferentes opinións están sempre resentes en publicacións e conferencias. Pero cando unha mentira se transforma en realidade, e alguén con acceso aos medios difunde estes “feitos alternativos” entón todos perdemos. E díxevos que isto ía pasar. Benvidos ao noso campo de batalla, a loita entre arqueoloxía e pseudociencia.

Sei que hoxe as miñas pelexas có Canal Historia, Ancient Aliens e os buscadores da Atlántida poden parecer pequenas e sen valor. Non me malinterpretedes, o son. Confrontar o goberno dun egomaníaco con menos preparación pro posto que o rei lemur dos filmes de Madagascar, có tecido social do estado desfeito, preocuparse polos enxeñeiros extraterrestres que levantaron as pirámides e crearon as cabezas de Rapa Nui parece extremadamente frívolo. Pero os “feitos alternativos” de hoxe son as mentiras que estivemos a combater dende fai anos. A creación desta bitácora está detrás desta guerra, e varias entradas teñen xa tratado este tema. Todo é o mesmo pra min. Algunhas deberían de estar máis enriba nas nosas prioridades, outras son menos importantes. Pero todas están relacionadas có mesmo problema. Todas nacen do antiintelectualismo que está dende fai décadas a danar a nosa sociedade. Quizais só fan pouco que existen pra tu, pero pra científicos coma min esta ten sido unha pelexa que, desafortunadamente, está durando demasiado tempo. Poderiades pensar que inventarse o número de persoas nunha Inauguración Presidencial non é o mesmo que cuestionar o cambio climático ou cuestionar a evolución humana cun novo escenario no que os Anunnaki (a última moda en pseudoarqueoloxía) nos deseñaron a todos. Ben, tedes razón. A xente que asistiu á Inauguración Presidencial é só un síntoma do problema, un exercizo egotístico e patético. Cuestionala evolución é máis delicado, porque nesta teoría pseudocientífica na que todos somos deseñados xenéticamente pro seres extraterrestres soemos finalizar nun escenario no que a xerarquía de mellores e peores seres queda establecida. E todos sabemos o de remata iso.

Asi que, pra resumir, criticar Ancient Aliens, os documentais sobre a Atlántida de James Cameron, ou o novo programa televisivo de Megan Fox pode parecer frívolo cando se compara co aparentemente máis relevantes asuntos coma o movemento anti-vacinas, o cambio climático, ou as moitas crises humanitarias ao redor do globo. Pero non vos trabuquedes; no fondo, so é o mesmo problema: unha sociedade ben informada, e polo tanto libre, sendo secuestrada pola falsa información.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s