O Xogo Archaeoquiz en Scratch

Coma comentara fai uns días, unha das últimas tolerías que tiven implica a creación dun xogo de preguntas sobre arqueoloxía usando Scratch. Trátase dunha linguaxe de codificación que usa bloques pra crear pequenos programas, e estou a usar programas no senso más respectuoso posible, porque levoume bastante tempo ser capaz de codificar algo tan sinxelo coma este xogo. A inspiración pra esta creación viño da preparación por parte da miña parella Elena do exame de Psicóloga Interna Residente (PIR). Ela creou infinidade de post-its con pequenas notas en diferentes temas que ela revisaba dilixentemente cada noite. O contido deste exame PIR inclúe todo texto publicado en lingua castelá sobre psicoloxía, asi que imaxinade a extensión de coñecemento requirido pra tarefa.Elena's wall of awesomeness

A pesares do criticismo xeral sobre o coñecemento enciclopédico en arqueoloxía, sempre pensei que un bo arqueólogo e unha boa arqueóloga deben de transcender os límites dos seus campos de estudo. Inda que é virtualmente imposible saber todo en arqueoloxía, iso non debería de quitarnos de ler sobre temas ou rexións fora dos nosos campos de estudo. Eu traballo en cerámica grega, polo que non estou a suxerir que podo chegar a ser un experto en zooarqueoloxía só tras ler uns libros e artigos no tema, pero facelo de tanto en tanto axúdame a entender mellor o traballo ds meus colegas, e iso nunca fai mal. Moitas veces teño atopado investigadores que non ven o valor do meu traballo ou simplemente o descartan polo uso que dou aos coñecementos adquiridos dos estudios cerámicos sobre outras culturas. E iso a pesares de que. Más aló da cultura, os mesmos problemas químicos, e as súas solucións, son comúns a moitas culturas. Está fora de debate que ler sobre outras tradicións cerámicas resultou esencial por me traballo de tese.

Type of Scratch Question

Aprender máis alá dos nosos límites é o obxectivo deste xogo. É por iso que non ides atopar clasificacións, nin mellores resultados a bater. Só unha pantalla final indicando cantas respostas foron correctas. Porque nunca entendín este xogo coma unha competición entre arqueólogos/as, pero contra un mesmo. O que creei é unha ferramenta de adestramento, unha lista de curiosidades que pode non ter moita coherencia interna, pero que nos pode dar perspectiva en canta arqueoloxía nos agarda fora e canto podemos aprender tan só por expornos fora da nosa lista de lectura usual. É por iso que tralo resultado de cada pregunta ofrécese un pequeno parágrafo explicando a resposta correcta e, cando é necesario, onde se pode atopar máis información.

Answer for Scratch game

Teño perfectamente claro que este xogo non vai ser moi éxito entre o público en xeral. De feito, penso que máis dun arqueólogo vaise molestar polo número de respostas correctas obtidas, pero así é como o imaxinei: coma eses muros cubertos por post-its contendo, esta vez, tanto coñecemento arqueolóxico coma fora posible. A presente versión ten só 5 preguntas (ó fin, é só unha beta) Coma todo TA che dirá, non hai nada máis aburrido que escribir preguntas tipo test. Pero o código está rematado, por se queredes velo seu interior. Moitas máis preguntas chegarán no futuro; por razóns que descoñezo teño o número 5000 na testa. Polo de agora pulsade a bandeirola verde e probalo. Calquera opinión o suxestión en como melloralo será máis que benvida!

https://scratch.mit.edu/projects/296944648/

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s