A Música da Odisea de Homero

Parece que a miña entrada sobre o LibreOffice non vai rematar nunca, con tantos proxectos incribles coma hai na rede. Desta volta é a reconstrución musical de como a Odisea de Homero podería haber soado cando fora cantada no século VIII AEC. Alí é nada.

Fai algún tempo escribín unhas poucas liñas sobre a melodía grega máis antiga que foi preservada, o breve pero fermoso epitafio de Seikilos. Naquel texto mencionei as dificultades de reconstruír música antiga, e o erro inconsciente que facemos cando non nos decatamos de que a música non só estaba en todas partes, pero que, ademais, en moitos dos traballos literarios que temos preservados ata hoxe a música xogou un papel central que agora non apreciamos. É por esta razón que unha iniciativa coma esta por parte de Georg Danek da Universidade de Viena e Stefan Hagel da Academia de Ciencias Austríaca, é tan fascinante. Nos últimos anos teñen desenvolto unha técnica para cantar épica de Homero baseada en como tradicións orais similares foron cantadas, axustadas, por suposto, ás métricas preservadas na lírica grega.

O fragmento desta gravación é unha recreación das liñas 267-366 do oitavo libro da Odisea, cando Demodokos canta sobre os amores de Ares e Afrodita. O instrumento que acompaña á recitación é o phormix, unha lira de catro cordas. Por suposto, non podedes agardar que esta canción sexa a forma na que Homero, ou quenquera que estea detrás dese nome, tocara e cantara. É a forma que os expertos teñen de se achegar, tras un duro traballo, á forma na que soara. Encántanme estas reconstrucións non só pola súa beleza, senón tamén porque son un recordatorio de canto temos perdido no pasado, e como deberiamos ter isto en conta can do o interpretamos… Dicir que estar perdido e que non podemos facer nada por recuperalo nunca é a resposta.

Se queredes aprender máis podedes encontrar moita información, e mellor explicada, en http://www.oeaw.ac.at/kal/sh/index.htm.

 

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s