Pseudoarqueoloxía

Fai uns días no aeroporto de Barajas merquei un libro de Javier Sierra chamado En Busca de la Edad de Oro. Xa podo imaxinar a cara de sorpresa de moita xente ó ler isto, sobre todo daqueles que me coñecen ben e que están acostumados, resignados diría eu, ós meus virulentos ataques contra este tipo de autores. ¿Que me pasa no maxín pra gastar 10 euros nun libro así? Pra todo hai explicación e pra isto tamén. Inda que non lin o libro enteiro, que xa comentarei no futuro, só con ler a contraportada sei que se pode clasificar no grupo que eu defino coma de “core civilization” ou civilización primixenia, un aforismo da Atlántida, os extraterrestres, ou os extraterrestres que fundaron a Atlántida. Algo así.

Pero vaiamos por partes. Todo este tema da pseudociencia ¿por que é tan malo? ¿Non pode a xente crer no que queira? Sen dúbida é un tema moi delicado. Todo o mundo, coma individuo, debería ser libre de crer o que lle pareza. Incluso se é unha idea equivocada. Xa non dende o punto de vista interpretativo, máis relativo, senón dos feitos. Para ser máis claro vos deixo este vídeo que na miña opinión ilustra moi ben este problema. Se pensades que o movemento dos flatters (aqueles que cren que a terra é chá e que estamos enganados por non sei que conspiración) non é perigoso… ben, lle botades un ollo e logo resumo o texto:

Pero estar equivocado pode ser perigoso. Todos nos equivocamos, eu o primeiro, mais estar equivocado cando tes responsabilidades ou influencia sobre outros, ou estar equivocado a propósito, porque de ese equívoco sacas beneficio coma no presente caso, xa é moito máis grave. E o que estes autores fan é equivocarse con intención de facelo.

Os ataques ó que eles chaman a arqueoloxía tradicional ou oficial, coma se houbese un comité segredo de arqueólogos encargado de que non se saiba onde está a Atlántida ou o corpo de Xesucristo, son só unha forma de engano a aqueles que atoparon nestes autores algo no que crer. Levo moitos anos recopilando información pra deseñar unha clase na que se analicen estes modelos de coñecemento e se lles ensine ós futuros investigadores como detectalos e contraargumentalos. E unha das conclusións que derivei do traballo que xa levo feito é que a xente que realmente cre no traballo destes autores o fai dende unha perspectiva máis relixiosa que científica. A existencia dunha “civilización nai” que nos precedeu converteuse nos anos setenta nunha especie de culto New Age. Todo debate cós verdadeiros crentes é inútil debido a unha idea básica: coma non podes demostrar que os seus argumentos non son válidos estes poden considerarse correctos. Isto non só vai en contra das premisas básicas dun debate científico, senón que ademais é unha trampa. Porque cando demostras que siestán equivocados o que che dirán é que iso pra ti, que eles non o cren. A ciencia que salte pola ventá.

Estas liñas son unha pequena reflexión introdutoria sobre o tema e, na miña opinión, o seu perigo para a arqueoloxía en particular e as ciencias en xeral. Intentarei ás poucas no futuro dar algúns exemplos sobre os autores e as teorías conspiradoras máis famosas, có fin de ilustrar non só o problema senón tamén proporcionar a quen lle poida interesar as ferramentas pra combater un mal que pode que vos pareza de relativa importancia, pero que vos aseguro pode ter a longo prazo unhas consecuencias moi negativas pro voso propio benestar. Porque recordade a próxima vez que oiades sobre novos avances médicos, ou a exploración do espazo, ou mesmo leades esta bitácora na vosa tableta, que todo iso é posible porque alguén cuestionou os paradigmas vixentes, si, pero tendo do seu lado os estudos, os datos e, sobre todo, moitos moitos anos de traballo e formación para adquirir eses coñecementos que nos levan coma especie adiante. Os autores falabaratos e barallocas non nos levan cara atrás. Lévanos cara abaixo, e estamos máis preto do borde do que vos parece.

Advertisements

2 thoughts on “Pseudoarqueoloxía”

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s